miércoles, 20 de mayo de 2026

CUANDO ESTOY TRISTE

Hoxe queremos compartir unha recomendación moi especial que chegou da man dunha peque, Nerea de 5.º de Educación Infantil, que nos presentou o libro “Cando estou triste”. Queremos darlle as grazas por facer un traballo tan bonito, preparado con moito agarimo e ilusión, e por axudarnos a descubrir esta historia tan especial.

Este libro achéganos a unha emoción que todas e todos sentimos algunha vez: a tristeza, axudándonos a entendela, expresala e acompañala dun xeito próximo e respectuoso. É unha lectura moi recomendable para traballar as emocións cos máis pequenos e pequenas e seguir aprendendo xuntos a poñerlle nome ao que sentimos.

Moitas grazas por compartir connosco unha recomendación tan bonita! Sen dúbida, “Cando estou triste” convértese nun deses libros que merecen un lugar especial na nosa biblioteca.




enlace: https://youtu.be/YW8XgXrWgZA